VOLTAR

Dereitos da cidadanía

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 13, recoñece ás persoas, nas súas relacións coas Administracións Públicas, o dereito a:

  • Comunicarse coas Administracións Públicas a través dun Punto de Acceso Xeral electrónico.
  • Ser asistidas no uso de medios electrónicos nas súas relacións coas Administracións Públicas.
  • Utilizar as linguas oficiais no territorio da súa Comunidade Autónoma, conforme á Lei e ao resto do ordenamento xurídico.
  • Acceder á información pública, arquivos e rexistros, de acordo coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a normativa aplicable.
  • Ser tratadas con respecto e deferencia polas autoridades e polo persoal empregado público, facilitando o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
  • Esixir responsabilidades ás Administracións Públicas e ás autoridades, cando legalmente corresponda.
  • Obter e utilizar medios de identificación e sinatura electrónica previstos na Lei.
  • Á protección de datos de carácter persoal e, en particular, á seguridade e confidencialidade dos datos en ficheiros, sistemas e aplicacións públicas.
  • Calquera outros dereitos recoñecidos pola Constitución e polas leis.

Estes dereitos enténdense sen prexuízo dos recoñecidos no artigo 53, relativos ás persoas interesadas no procedemento administrativo.

Responsabilidade sobre a información

Segundo o artigo 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: “O establecemento dunha sede electrónica leva asociada a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e dos servizos aos que se poida acceder a través dela.”

Esta Sede electrónica incorpora mecanismos para que calquera persoa usuaria identifique se a información ou o servizo pertence á propia Sede, a un punto de acceso sen carácter de Sede ou a un sitio externo. En cada ligazón móstrase un aviso cando a navegación implique saír da Sede.

Reclamacións

Se considera que algún destes dereitos non se está a respectar, pode presentar unha reclamación a través do sistema de "Queixas e suxestións", dispoñible nos centros municipais e na páxina web do Concello.