Carta de servizos

Voltar Imprimir

Que é unha carta de servizos?

Unha carta de servizos é un documento polo que un departamento, servizo ou concellaría do Concello informa a cidadanía sobre:

  • Os servizos que presta e a forma de prestalos.
  • Os compromisos de calidade que asume para proporcionar un mellor servizo.

Criterios de actualización: as cartas de servizos serán avaliadas e revisadas anualmente, mediante grupos de traballo que terán en conta as opinións presentadas pola cidadanía.

A quen vai dirixida?

O Concello é unha institución que presta servizo á cidadanía, polo que a súa xestión está orientada a satisfacer as súas necesidades e expectativas. Por este motivo, as cartas de servizos diríxense ás persoas usuarias dos servizos.

Cales son os obxectivos das cartas de servizos?

A finalidade da carta de servizos é:

  • Achegar o Concello á cidadanía.
  • Informar a cidadanía sobre os servizos que presta o Concello.
  • Expresar o esforzo do Concello pola mellora dos servizos municipais.
  • Establecer un nivel adecuado de calidade dos servizos e controlar o seu mantemento.
  • Posibilitar que a cidadanía opine sobre o funcionamento dos servizos municipais.

Cales son os contidos das cartas de servizos?

  • O nome e cometidos da unidade, servizo ou concellaría que a emite.
  • Os servizos prestados por esa unidade, servizo ou concellaría.
  • Os compromisos de calidade asumidos.
  • Información sobre a forma de participación das persoas usuarias.
  • Enderezos e teléfonos da unidade.
  • Horario.
Data da última actualización14/06/2022
Voltar Imprimir