Problemas na sede electrónica (FAQ)

Voltar Imprimir

Problemas xerais

Cales son os requisitos e recomendacións técnicas?

Consulte os requisitos e recomendacións técnicas desde aquí.

Teño problemas con "Firefox e Autofirm@!"

Erro ao asinar un documento que se achega?

Se ao achegar un documento e asinalo, usando o cliente de Autofirm@ que temos instalado obtemos unha mensaxe coma esta:

"Erro ao conectar co compoñente de Autofirma. Pode descargalo premendo a seguinte ligazón: Descargar autofirma."

Soluciónase importando o certificado de Autofirma root que está en C:\Program Files\AutoFirma\AutoFirma\AutoFirma_ROOT.cer en Firefox, en Autoridades de Firefox. Isto é algo que pode ocorrer coas últimas versións de Firefox.

Teño problemas co rexistro electrónico!

Existe algunha limitación no tamaño dos arquivos que se poden subir?

Existe unha limitación de 15 MB no tamaño dos ficheiros que se poden subir a través do rexistro electrónico.

Restricións no nome dos ficheiros

Evite os seguintes caracteres:

  • Acentos
  • Paréntesis
  • Códigos ASCII

Recomendamos nomes curtos e simples (exemplo: documento 1, documento 2...)

Problemas ao asinar un documento
Ao asinar un documento ou o formulario da solicitude aparece a mensaxe "Non se puido establecer a conexión con AutoFirma"

Isto é porque non ten instalada a aplicación de Autofirma. Piche aquí para descargar a aplicación.

Ao asinar un documento aparece a mensaxe "Perdeuse a conexión coa aplicación @firma"

Se utiliza Internet Explorer 11 (IE11) debe desmarcar a opción "Habilitar modo protexido", en "Opcións de Internet -> Seguridade" e reiniciar o navegador para que os cambios se efectivicen.

Para saber máis acerca de cómo utilizar este servizo pinche aquí.

Que tipos de documentos se poden subir?

Dentro de cada solicitude, á hora de subir un ficheiro, especifícanse os formatos admitidos.

Non obstante, recomendase subir o documento en formato PDF.

Teño problemas con "Windows e Firefox!"

Teño instaladas as claves públicas?

Firefox dispón dun almacén de certificados distinto ao de Internet Explorer e Chrome. É por iso que tanto o certificado que se queira utilizar como as súas claves públicas deberán estar instaladas no almacén de claves de Firefox.

Data da última actualización14/06/2022
Voltar Imprimir