Os servizos da Sede Electrónica do Concello están operativos as 24 horas do día, tódolos días do ano.
Cando por razóns técnicas se teña previsto que a sede electrónica ou algúns dos seus servizos pode que non estean operativos, informará do mesmo á cidadanía coa máxima antelación posible no apartado "Interrupcións de Servizo" indicando cales son os medios alternativos de consulta dispoñibles. Nestes supostos, a información publicarase a través da sede electrónica ou outros medios que permitan a difusión desta circunstancia.
No relativo ao cómputo de prazos, considéranse días inhábiles os establecidos coma días festivos no calendario oficial de festas laborais da Comunidade autónoma e de festas locais . Os días festivos para o ano actual indícanse no seguinte calendario.