Cómo se tramita

De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dúas canles
  1. Tramitación en liña, a través de rexistro electrónico
  2. Tramitación presencial, con cita previa
Se actúa a través de representante consulte representación
 
REXISTRO ELECTRÓNICO:
  1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
  2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
  3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo


Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite. O horario de atención presencial no Rexistro é de 9:00 a 13:30 h. (SEN CITA PREVIA)

Tamén pode solicitar cita a través do teléfono:

Atención ao Contribuínte: 981 542 340

Rexistro/Información de Urbanismo: 981 542 420

 MODELO DE SOLICITUDE

Cando o trámite que se pretenda realizar NON dispoña de modelo de solicitude específico, utilice o modelo de “Solicitude xeral” que pode descargar CS000 Solicitude xeral.pdf

 

Tarxeta de aparcamento para residentes

Obter a autorización para aparcar en zona de residentes verde ou azul.

O interesado, directamente ou a través de representante

En calquera momento
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Circulación e Seguridade Cidadá
3 meses.
Desestimatorio

Consulte os recursos aplicables

 

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público

Lei 33/2003 do patrimonio das administracións públicas

Municipal:

Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da O.R.A. e aparcamento de residentes.

Ordenanza 3.17 Taxa polo estacionamento de vehículos de traccion mecánica nas vías públicas municipais

Información sobre protección de datos

Formulario de solicitude en modelo oficial

LUGAR DE RECOLLIDA: As tarxetas de residentes de zona verde e azul, de domicilio particular e profesional, así como as tarxetas de Municipio, recolleranse no prazo de 10 días hábiles contados dende a presentación da solicitude (agás se lle requira documentación adicional) na sede de TUSSA situada na rúa Clara Campoamor (Estación Intermodal).
Teléfono: 981 568 106.
Correo electrónico: tussa@tussa.org

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas.
Para a súa recollida é necesario presentar o documento oficial de identificación do interesado e/ou autorización correspondente do titular, en caso de actuar en representación.
O titular da tarxeta debe comunicar ao Concello, no prazo máximo de 15 día, calquera modificación dos datos tidos en conta para a concesión do distintivo e, de ser o caso, proceder a súa devolución.

Notas relativas ao duplicado ou cambio de tarxeta: Pago da tarxeta (5 €). Efectuarase no momento da recollida da tarxeta.

AVISO IMPORTANTE: Os titulares de distintivos de residentes están obrigados a comunicar formalmente ao Concello de Santiago de Compostela calquera modificación dos requisitos establecidos para a concesión da tarxeta de residentes: titularidade dos vehículos, cambio do vehículo autorizado, residencia do titular da tarxeta ou calquera outra circunstancia que fora tida en conta na concesión dos referidos distintivos. Asemade, os interesados deberán estar ao corrente no pago do imposto de vehículos de tracción mecánica e non ter sancións de tráfico pendentes de pago.
De non proceder a dita comunicación, o Concello realizará de oficio as comprobacións correspondentes. A autorización poderá quedar sen efecto cando se constate calquera modificación nas condicións non comunicadas, a existencia de débedas tributarias ou de falta de pagamento de sancións.

Solicitude MO027

Documentación requirida
- Solicitude
- Contrato de renting
- Autoliquidación das taxas correspondentes
- Permiso de circulación do vehículo, no caso de residentes con vehículo en réxime de propiedade
- Autorización da empresa para facer uso do vehículo de maneira única e exclusiva e fóra do horario de traballo, no caso de residentes con vehículo de empresa.
- Acreditar o domicilio de traballo da persoa solicitante, mediante un certificado da empresa, no caso de residentes por razón de traballo ou actividade profesional (ORA e verde)
- Acreditar o domicilio de traballo da persoa solicitante, mediante un certificado da empresa, no caso de residentes por razón de municipio
- Certificado da empresa que acredite o domicilio, no caso de cambio de tarxeta por variación de enderezo
- Documentos que acrediten a modificación dos datos, no caso de cambio de modalidade de tarxeta por variación de datos
- Libro de familia
- Certificado do Rexistro de parellas de feito
- Xustificación cambio de vehículo
Documentación de representación
- Acreditación da representación
- Documento de identidade de representacion