Como se tramita

De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dúas canles
  1. Tramitación en liña, a través de rexistro electrónico
  2. Tramitación presencial, con cita previa
Se actúa a través de representante consulte representación
 
REXISTRO ELECTRÓNICO:
  1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
  2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
  3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo

PRESENCIAL CON CITA PREVIA


Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, o día e a hora sinalados na cita, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite.

Tamén pode solicitar cita a través do teléfono:

Rexistro Xeral: 881 505 107

Atención ao Contribuínte: 881 599 977

Rexistro/Información de Urbanismo: 981 542 420

 MODELO DE SOLICITUDE

Cando o trámite que se pretenda realizar NON dispoña de modelo de solicitude específico, utilice o modelo de “Solicitude xeral” que pode descargar CS000 Solicitude xeral.pdf

 

Consentimento para a práctica de Notificación electrónica

datos de la subsección
EFECTOS DO SILENCIO ADMINISTRATIVO: Non procede
NIVEL DE IDENTIFICACIÓN DE QUEN SOLICITA:
Alto: Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica