Inicio -> Presentación de novas solicitudes

Presentación de novas solicitudes

 

Este servizo permite realizar ante o Concello pedimentos de servizos ou comunicacións de calquera tipo, xa sexan de carácter particular ou relacionados con equipamentos ou co territorio en xeral

O catálogo de trámites informa de todos os procedementos dispoñibles relativos a licenzas, permisos, autorizacóns etc.

Cada trámite presenta a información completa necesaria para realizar a xestión, como a descrición, os prazos e requisitos para iniciar a solicitude, os prazos de resolución, a normativa aplicable etc.

Adicionalmente, dispóñense as diferentes canles para realizar a tramitación:

  • Presencial: ofrécese a información do lugar en que se pode realizar a xestión persoalmente.
  • Rexistro electrónico: moitos dos trámites poden iniciarse directamente desde a sede electrónica, mediante formularios para presentar no rexistro electrónico. O formulario contén a información necesaria que debe subministrar a persoa e permite iniciar o proceso de tratamento no sistema de xestión do Concello. A través desta canle poden realizarse consultas e o seguimento posterior.

Os trámites, en función da súa natureza, permiten nalgún caso a iniciación de forma anónima (tramitación telemática sen identificación). A maioría require identificación, para o cal é necesario que a persoa dispoña dun dos  certificados dixitais aceptados na sede electrónica do Concello.

Servizos relacionados

21 de outubro do 2020
6 de maio do 2019