VOLVER

Protección de datos persoais

De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, o Concello informa do seguinte:

A protección de datos persoais garante o dereito da cidadanía a controlar os seus propios datos e decidir sobre o seu uso. Os datos persoais solicitados e/ou recollidos teñen carácter obrigatorio e serán incorporados a un ficheiro ou tratamento titularidade do Concello, coa finalidade de xestionar a relación establecida entre as partes no ámbito das súas competencias, así como prestar os servizos solicitados e facer seguimento das consultas realizadas.

O Concello comprométese ao cumprimento do deber de confidencialidade e a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos persoais.

Os datos proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen, e para determinar posibles responsabilidades derivadas desa finalidade, ademais dos prazos previstos na normativa de arquivos e documentación.

Con carácter xeral, non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obriga legal ou requirimento por parte de Xuíces e Tribunais ou doutras Administracións Públicas competentes.

A negativa a facilitar os datos solicitados poderá impedir a correcta tramitación ou prestación do servizo correspondente.

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade previstos na normativa de protección de datos, mediante solicitude escrita e asinada, acompañada dunha copia dun documento acreditativo da identidade, presentada nas Oficinas de Atención á Cidadanía (OAC) ou a través dos medios electrónicos habilitados.