Inicio -> Que é a sede electrónica

Que é a sede electrónica

 

A sede electrónica do Concello (https://sede.santiagodecompostela.gal) facilita o acceso aos servizos de administración electrónica que o Concello pon ao dispor da cidadanía e das empresas en cumprimento do establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. A través dela, a cidadanía e as entidades poden exercer o seu dereito de acceso á información e realizar as súas xestións co Concello.

A quen vai dirixida?

A toda a cidadanía e ás empresas que opten ou deban interactuar co Concello por Internet.

 

Teñen  a mesma validez as xestións electrónicas realizadas a través da sede que as realizadas presencialmente?

Si, os trámites realizados a través da sede electrónica teñen a mesma validez que os efectuados de forma presencial.

É seguro utilizar os servizos da sede?

A comunicación entre a cidadanía ou entidades e a sede é segura. Toda a información de carácter persoal viaxa cifrada e os certificados dixitais garanten a identidade de ambas as partes. Os datos persoais que se envían por Internet están cifrados e, unha vez que son gardados nos sistemas do Concello, utilízanse os medios necesarios para protexelos, en cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

Cando podo utilizar a sede electrónica?

Poderá acceder a ela e realizar trámites durante 24 horas os 365 días do ano. É importante sinalar que para trámites en que se teñan en conta prazos, os realizados en días inhábiles entenderanse efectuados o primeiro día hábil seguinte.

Algúns servizos da sede poden non estar dispoñibles en determinadas franxas horarias por mantemento técnico.

Para aclarar calquera dúbida sobre a sede electrónica do Concello rogámoslle que se poña en contacto connosco a través do apartado de incidencias do sistema ou chamando á Oficina de Atención Cidadá.

Disposición de creación do Rexistro electrónico:

Acordo de Xunta de Goberno Local de creación da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela (BOP 27, de 10 de febreiro de 2020)

21 de outubro do 2020