No rexistro electrónico pode presentar solicitudes relativas a asuntos que sexan competencia municipal. Para utilizalo é necesario dispoñer dun DNI electrónico ou dun certificado dixital recoñecido dos incluídos na listaxe de Certificados admitidos. Ademais, pode realizar unha comprobación dos requisitos técnicos necesarios para realizar esta xestión.
Seleccione o trámite que desexa realizar e comprobe ()que pode presentalo a través do rexistro electrónico. Cubra os datos solicitados no formato e anexe a documentación que cumpra achegar á solicitude para que o Concello poida iniciar a xestión coa maior celeridade. Unha vez realizado o trámite, expedirse o correspondente xustificante de presentación que poderá descargar ou imprimir.
O rexistro electrónico está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, agás as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas, que se informarán no apartado de "Interrupcións do Servizo".
O rexistro electrónico do Concello rexerase, para os efectos do cómputo de prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica.
O cómputo en días hábiles ou naturais, no que se refire ao cumprimento de prazos por parte das persoas interesadas, rexerase polo que segue:
- A data e a hora de referencia serán as vixentes no momento da recepción ou saída da correspondente solicitude, escrito ou comunicación en ou desde o sistema de información que dea soporte ao rexistro electrónico.
- A entrada de solicitudes, escritos e comunicacións recibidas en días inhábiles entenderanse efectuadas na primeira hora do primeiro día hábil seguinte. Para estes efectos, constará o asento de entrada correspondente á data e hora en que efectivamente se recibiron pero na mensaxe de confirmación indicaranse as cero horas e un minuto do seguinte día hábil.
- Considéranse días inhábiles, para os efectos do rexistro electrónico da Administración municipal, os establecidos como días festivos no calendario oficial de festas laborais da Comunidade Autónoma e as festas locais deste municipio. Este calendario está publicado na sede electrónica no apartado "Calendario de días inhábiles".
Para utilizar o rexistro electrónico debe empregar algún dos certificados que veñen na listaxe de Certificados admitidos. Ademais debe ter en conta os requisitos e as recomendacións técnicas recollidas na páxina de ayuda de la sede.
De ter problemas na tramitación, consulte a páxina de resolución de problemas frecuentes.
Actualmente, o rexistro electrónico pode utilizarse para realizar os seguintes trámites:
Servizos relacionados