Para o pagamento dos diferentes tributos, taxas ou prezos públicos, o Concello deseñou varias posibilidades.
Os pagamentos efectúanse a través da pasarela de pagos e permiten obter un xustificante.
Cada un dos tributos correspondentes rexerase consonte o establecido na súa respectiva ordenanza, onde se especifican as súas circunstancias particulares.
Os datos que se poden consultar a través deste servizo son:
- Recibos: relación de recibos pendentes de pagamento e de recibos cobrados.
- Consulta de conceptos polos que tributa: información sobre os recibos de distintos conceptos tributarios, agrupados en función do estado en que se atopan.
- Calendario fiscal: calendario de contribucións.
Servizos relacionados