Os documentos emitidos electronicamente polo Concello incorporan no pé o código seguro de verificación (CSV) e o enderezo da sede electrónica onde se pode comprobar a súa orixinalidade e autenticidade ou acceder a unha copia electrónica.
A través deste servizo da sede electrónica, calquera persoa usuaria (habitualmente outra terceira persoa) pode comprobar o documento presentado introducindo o código seguro de verificación (CSV) e o NIF da persoa solicitante. Deste xeito, esa persoa pode ver na pantalla o documento orixinal que no seu día emitiu o Concello e así comparalo co orixinal presentado, ou descargar a copia electrónica a través da sede.
Servizos relacionados