Dereitos da cidadanía na súa relación coa Administración:
- Ser informada, orientada e tratada respectuosamente.
- Coñecer a identidade das persoas responsables dos trámites.
- Acceder aos rexistros e arquivos administrativos, sempre que non se lesionen dereitos de terceiras persoas ou existan razóns de interese público que o impidan.
- Obter copia selada dos documentos orixinais que presente e a súa devolución, sempre que non deban figurar no expediente.
- Coñecer o estado de tramitación dos expedientes en que teña a condición de persoa interesada e obter copias dos seus documentos.
- Formular alegacións e achegar documentos en calquera momento dos procedementos anterior a trámite de audiencia.
- Non presentar documentos que non se esixan nas normas ou xa estean en poder da Administración que xestiona o asunto.
- Elixir o lugar e o medio preferente para a entrega de notificacións.
- Obter unha resposta expresa por parte de la Administración.
- Esixir responsabilidades á Administración e ao persoa ao seu servizo cando así corresponda legalmente. Consultar o rexistro xeral de protección de datos sobre o tratamento e a finalidade dos seus datos e a identidade da persoa responsable do ficheiro.
- Rectificar, cancelar e opoñerse ao uso dos seus datos, nas condicións previstas na lei.
- Calquera outro que lle recoñeza a Constitución e as leis.
Ao abeiro do artigo 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, "o establecemento dunha sede electrónica leva unida a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos que se poida acceder a través dela". O artigo 7.1 do Real decreto polo que se desenvolve parcialmente a dita lei engade que "O titular da sede electrónica que conteña un enlace ou vínculo a outra cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización desta última".
A sede establece os medios necesarios para que a cidadanía coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede, a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a unha terceira persoa". Neste sentido, na sede electrónica indícase a través de mensaxes sobre os enlaces se accedendo a eles se abandona a sede.
Se vostede considera que algún destes dereitos non é respectado, pode efectuar a súa reclamación a través do sistema de suxestións e reclamacións que o Concello pon ao seu dispor en todos os centros e oficinas de información municipais e na páxina web.