Como se tramita

De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dúas canles
  1. Tramitación en liña, a través de rexistro electrónico
  2. Tramitación presencial, con cita previa
Se actúa a través de representante consulte representación
 
REXISTRO ELECTRÓNICO:
  1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
  2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
  3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo

PRESENCIAL (CON CITA PREVIA PARA URBANISMO E ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE)


Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite. O horario de atención presencial no Rexistro é de 9:00 a 13:30 h. (SEN CITA PREVIA)

Tamén pode solicitar cita a través do teléfono:

Atención ao Contribuínte: 981 542 340

Rexistro/Información de Urbanismo: 981 542 420

 MODELO DE SOLICITUDE

Se o trámite que se pretende realizar NON dispon de modelo de solicitude específico no apartado de DOCUMENTACIÓN RELACIONADA, e NON figura indicado no apartado DESCRICIÓN como de TRAMITACIÓN EXCLUSIVA TELEMÁTICA, pode empregar o modelo de “Solicitude xeral” que pode descargar aquí CS000 Solicitude xeral.pdf

 

Solicitude de alta no espazo educativo e de lecer Maria Miramontes

Alta no espazo educativo e de lecer Maria Miramontes

O/a interesado/a, directamente ou a través de representante

Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios e  órganos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Servizo de Educación

3 meses

Desestimatorio

Recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou ben, no prazo de dous meses, recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo.


O recurso contencioso - administrativo non se poderá interpoñer ata a resolución expresa ou a desestimación presunta do de reposición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015)

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015)

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local

Autonómica:

Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia

Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia

Decreto 354/2003, do 16 de setembro, polo que se regulan as Ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos

Información sobre protección de datos

POBOACIÓN DESTINATARIA:
1.- Nenos e nenas empadroados/as ou que estean matriculados/as nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela.
Bebeteca: de 2 a 3 anos, nados/as no 2023 e 2022 (cos 2 anos cumpridos no momento da solicitude de praza).
Pequeteca: de 4 a 6 anos, nados/as no 2021, 2020 e 2019.
Maiorteca: de 7 a 12 anos, nados/as en 2018, 2017, 2016, 2015, 2014 e 2013 (ata cumprir 13 anos)

2.- Centros de ensino de educación infantil e primaria.
3.- Outras entidades do territorio.


PERÍODO DE FUNCIONAMENTO: O equipamento funcionará todos os meses do ano: no periodo lectivo de luns a sábado; no periodo non lectivo de luns a venres. Os domingos e festivos permanecerá pechada.


HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERIODO LECTIVO
-    Horario xeral:
o    Mañás: venres e sábado de 10.30 h a 13.30 h
o    Tardes: de luns a sábado de 16.00 h a 20.00 h
o    Atención ás familias: mércores de 16:00 h a 20:00 h e xoves de 9:30 a 13:30 horas.

-    Horarios por grupos:
     Bebeteca: nenos/as de 2 anos (acompañados/as dun/ha titor/a legal, e de 3 anos, en quendas de 1 hora e 30 minutos.  Máximo de 6 horas semanais por neno/a.
o    1ª Quenda: 16.30 h - 18.00h.
o    2ª Quenda: 18.00 h - 19:30h.

     Pequeteca: nenos/as entre os 4 e os 6 anos inclusive, en quendas de 2h. Máximo de 8 horas semanais por neno/a.
o    1ª Quenda: 16.00 h - 18.00 h.
o    2ª Quenda: 18.00 h - 20.00 h.

     Maiorteca: nenos/as entre os 7 e os 12 anos inclusive, en quendas de 2h. Máximo de 8 horas semanais por neno/a.
o    1ª Quenda: 16.00 h - 18.00 h.
o    2ª Quenda: 18.00 h - 20.00 h.

Existe a posibilidade de asistir dúas quendas no mesmo día.
Os sábados terán unha programación e unha inscrición distinta pero manteñen as prazas por grupo de idade. As horas dos sábados no computan no total semanal.


HORARIO DE FUNCIONAMENTO EN PERÍODO NON LECTIVO (Nadal, Entroido, Semana Santa, verán) De luns a venres de 7.45 h a 15.00 h.
Para máis información: 
espazolecermariamiramontes.santiagodecompostela.gal/

Solicitude ED009

Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación requirida
Solicitude
Documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal
Fotocopia do certificado de familia numerosa
Certificado de monoparentalidade
Documentación acreditativa da titoría/custodia
Informe dos Servizos Sociais
Informe dos Servizos Sociais nos supostos en que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar
Certificado do centro educativo
Certificado do centro educativo no que está matriculado o/a neno/a no caso de non estar empadroado no concello de Santiago de Compostela
Copia da resolución administrativa de acollemento
Documentación acreditativa nas situacións de dependencia, discapacidade, separación ou divorcio
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación