Como se tramita

De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dúas canles
  1. Tramitación en liña, a través de rexistro electrónico
  2. Tramitación presencial, con cita previa
Se actúa a través de representante consulte representación
 
REXISTRO ELECTRÓNICO:
  1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
  2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
  3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo

PRESENCIAL (CON CITA PREVIA PARA URBANISMO E ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE)


Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite. O horario de atención presencial no Rexistro é de 9:00 a 13:30 h. (SEN CITA PREVIA)

Tamén pode solicitar cita a través do teléfono:

Atención ao Contribuínte: 981 542 384

Rexistro/Información de Urbanismo: 981 542 420

 MODELO DE SOLICITUDE

Se o trámite que se pretende realizar NON dispon de modelo de solicitude específico no apartado de DOCUMENTACIÓN RELACIONADA, e NON figura indicado no apartado DESCRICIÓN como de TRAMITACIÓN EXCLUSIVA TELEMÁTICA, pode empregar o modelo de “Solicitude xeral” que pode descargar aquí CS000 Solicitude xeral.pdf

 

Presentación de documentación e alegacións

Presentación de documentación ou de alegacións a expedientes en trámite (expedientes abertos de oficio ou por instancia de parte).
Non utilice este procedemento para presentar solicitudes

Presentación de documentación ou de alegacións a expedientes en trámite (expedientes abertos de oficio ou por instancia de parte).
Non utilice este procedemento para presentar solicitudes.

O interesado, directamente ou a través de representante

O prazo para presentar documentación/alegacións será o establecido na notificación do requirimento ou do trámite de audiencia.

Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite

Calquera unidade orgánica do Concello de Santiago de Compostela 

Non procede

Lei 39/2015 do procedemento administrativo común

Lei 40/2015 de réxime xurídico das administracións públicas

É gratuíto

1. Para presentar na sede documentación requirida nun procedemento xa tramitado na administración electrónica prema a opción “Achega de documentación por requirimento”. A seguir, seleccione o código do requirimento que consta no documento que se lle notificou e incorpore a documentación solicitada.
Se o expediente non está tramitado na administración electrónica non se lle habilitará a opción “Achega de documentación por requirimento”. Neste caso debe marcar a opción “Achega libre” e proceder segundo o indicado no punto 2.

2. Para presentar documentación na sede como “Achega libre” prema esta opción, indique o código do expediente e engada o formulario cuberto e os documentos que vai presentar (escollendo o tipo documental que corresponda a cada un dentro do catálogo despregable “Tipo/descrición”).

3. Para presentar alegacións na sede debe proceder segundo o indicado no punto 2 para “Achega libre”.

4. A presentación presencial require achegar o formulario cuberto e os documentos que desexa anexar.


Información sobre protección de datos

 

Solicitude CS004

Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
  1. Solicitude
  1. Acreditación da representación
  2. Documento de identidade de representacion