VOLVER

Como tramitar

De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dous canais:

  • Tramitación en liña (rexistro electrónico)
  • Tramitación presencial

Se actúa mediante representante, consulte previamente a información sobre representación.

1. Rexistro electrónico

  • Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela utilizando o DNI electrónico ou un certificado dixital admitido.
  • Cubra os datos requiridos e achegue a solicitude (se procede) e a documentación necesaria, todo iso asinado dixitalmente.
  • No caso de que o trámite dispoña dun modelo normalizado de solicitude en PDF, deberá cumprimentalo e achegalo.

2. Tramitación presencial

Oficina de asistencia en materia de rexistro

  • Acceso directo co documento oficial de identidade e a documentación necesaria.
  • Horario de atención: de 9:00 a 13:30 h (sen cita previa).

Trámites con cita previa obrigatoria:

  • Urbanismo
  • Atención ao Contribuínte

Para solicitar cita:

  • Atención ao Contribuínte: 981 542 340
  • Rexistro / Información de Urbanismo: 981 542 420

Modelo de solicitude

Se o trámite que se pretende realizar NON dispón dun modelo de solicitude específico no apartado de DOCUMENTACIÓN RELACIONADA, e NON figura indicado no apartado DESCRICIÓN como de TRAMITACIÓN EXCLUSIVA TELEMÁTICA, pode empregar o modelo de “Solicitude xeral” que pode descargar aquí: CS000 Solicitude xeral.pdf