VOLTAR

Usabilidade e accesibilidade

A Sede electrónica do Concello ten a vocación de ser unha canle de comunicación accesible e universal para toda a cidadanía.

Para iso aplicáronse criterios de deseño centrado nas persoas e estándares web que facilitan atopar información e utilizar os servizos coa menor dificultade posible.

Concepto de usabilidade web

A usabilidade sitúa as necesidades das persoas no centro do deseño e da estruturación dos contidos. O obxectivo é que calquera tarefa se realice con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción.

Para conseguilo realizáronse probas con usuarios en contornos reais de navegación e incorporáronse melloras a partir do seu feedback.

Concepto de accesibilidade web

A accesibilidade consiste en facilitar o acceso ao maior número de persoas posible, con independencia das súas capacidades, dispositivos, software ou condicións de conexión.

Medidas aplicadas

  • Emprego de HTML5 semántico e estrutura clara de cabeceiras (H1–H3).
  • Compatibilidade coa navegación por teclado e presenza de ligazóns de salto ao contido principal.
  • Etiquetado ARIA para mellorar a experiencia con tecnoloxías de apoio.
  • Contrastes de cor axeitados e tipografía lexible en distintos tamaños de pantalla.
  • Deseño responsive para móbiles, tabletas e ordenadores.
  • Formularios con etiquetas, descricións e mensaxes de erro comprensibles.
  • Contido entendíbel: textos claros, ligazóns descritivas e táboas con cabeceiras.

Estándares e nivel de conformidade

  • WCAG 2.1 nivel AA (WAI – Web Accessibility Initiative) como obxectivo de conformidade.
  • CSS conforme ás recomendacións do W3C. Se o navegador non soporta estilos, o contido mantense lexible grazas ao marcado estrutural.
  • Verificación periódica con ferramentas de revisión (p. ex., TAW) e controis manuais.