VOLVER

Coñece a sede

A Sede Electrónica do Concello de Santiago de Compostela é o canal oficial dispoñible a través de internet que permite á cidadanía e ás empresas acceder de maneira segura e eficaz aos servizos e trámites electrónicos desta administración. Este espazo garante o exercicio dos dereitos dixitais das persoas e constitúe un medio transparente, accesible e permanente para relacionarse coa administración local.

De acordo co artigo 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, defínese a sede electrónica como aquela dirección electrónica dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións, cuxa titularidade corresponde a unha administración pública ou a un ou varios organismos públicos ou entidades de dereito público no exercicio das súas competencias.

A través desta sede, a cidadanía, así como as empresas, poden exercer os seus dereitos de acceso á información, presentar solicitudes, formular reclamacións ou realizar calquera outro tipo de xestión electrónica coa administración municipal, sen necesidade de desprazamentos e con todas as garantías legais, técnicas e organizativas.

Enderezo da sede

O enderezo oficial da Sede Electrónica do Concello de Santiago de Compostela é: https://sede.santiagodecompostela.gal

Titularidade e responsabilidade

  • Nome: Concello de Santiago de Compostela
  • Enderezo: Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro
  • Código postal e localidade: 15705 - Santiago de Compostela

O Concello de Santiago é a entidade titular da sede e a responsable da súa xestión, administración e mantemento. Así mesmo, vela pola integridade, veracidade, dispoñibilidade e actualización da información e dos servizos que se ofrecen a través dela, garantindo unha experiencia segura e fiable para todas as persoas usuarias.

A Sede Electrónica representa o compromiso do Concello cunha administración moderna, próxima e aberta, facilitando a participación cidadá e o acceso aos servizos públicos en condicións de igualdade.