Inicio -> Representación

Representación

 
Consonte o disposto na Lei 39/2015, as persoas poderán actuar por medio de representante nos trámites administrativos que se realicen no Concello de Santiago de Compostela.

No caso de persoas xurídicas ou entidades que realicen trámites na sede utilizando un certificado electrónico de representante, considérase que quen fai o trámite é directamente a persoa xurídica ou entidade e non é necesario acreditar a representación. Con todo, unha persoa xurídica ou entidade pode tamén actuar mediante un representante alleo á entidade, para o que si é necesario acreditar a representación do xeito que se describe a seguir.

Antes de realizar un trámite a nome doutra persoa é preciso acreditar a representación: 

- Utilizando o certificado electrónico do representante ou do representado.
- Cubrindo no formulario do trámite o apartado de representante. É necesario achegar poder notarial, apoderamento expreso ou un documento válido legalmente que acredite a representación para ese trámite e o DNI (No caso de tramitación en sede, o da persoa que non accede e no caso de presentación presencial o de ambas).

Documentos válidos que acreditan a representación
  • Para a representación de persoas físicas maiores de idade, achegue o que corresponda:
    • Poder notarial 
    • Apoderamento outorgado mediante comparecencia
    • Outros documentos legais de representación maiores de idade
  • Para a representación de persoas xurídicas que carezan de capacidade para actuar:
    •  Resolución xudicial
  • Para a representación de persoas xurídicas, achegue o que corresponda:
    • Escritura pública
    • Poder notarial
  • Para a representación de herdanzas xacentes, comunidades de bens ou outras entidades sen personalidade xurídica, achegue o que corresponda:
    • Escritura pública
    • Poder notarial
  • En caso de representación de persoas menores de idade, achegue o que corresponda:
    • Libro de familia
    • Resolución xudicial ou administrativa
    • Outros documentos legais de representación 


* Ademais da documentación indicada, o Concello resérvase o dereito a requirir canta documentación considere oportuna para resolver o trámite.



21 de outubro do 2020