VOLVER

Representación

Consonte o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas poderán actuar por medio de representante nos trámites administrativos que se realicen no Concello de Santiago de Compostela.

No caso de persoas xurídicas ou entidades que realicen trámites na sede utilizando un certificado electrónico de representante, considérase que quen realiza o trámite é directamente a persoa xurídica ou entidade, e non é necesario acreditar a representación. Porén, unha persoa xurídica ou entidade pode tamén actuar mediante un representante alleo á entidade, caso no que si será necesario acreditar a representación do xeito que se indica a continuación.

Acreditación da representación

Antes de realizar un trámite en nome doutra persoa é preciso acreditar a representación mediante algunha das seguintes opcións:

  • Utilizando o certificado electrónico do representante ou da persoa representada.
  • Cubrindo no formulario do trámite o apartado de representante e achegando a documentación acreditativa:
    • Poder notarial, apoderamento expreso ou documento legal válido que acredite a representación para ese trámite.
    • DNI correspondente: no caso de tramitación electrónica, o da persoa que non accede; no caso de presentación presencial, o de ambas partes.

Documentos válidos que acreditan a representación

Persoas físicas maiores de idade

  • Poder notarial.
  • Apoderamento outorgado mediante comparecencia.
  • Outros documentos legais de representación.

Persoas con discapacidade

  • Resolución xudicial.
  • Declaración de gardador ou gardadora de feito.

Persoas xurídicas

  • Escritura pública.
  • Poder notarial.

Herdanzas xacentes, comunidades de bens ou outras entidades sen personalidade xurídica

  • Escritura pública.
  • Poder notarial.

Persoas menores de idade

  • Libro de familia.
  • Resolución xudicial ou administrativa.
  • Outros documentos legais de representación.

Ademais da documentación indicada, o Concello resérvase o dereito a requirir cantos documentos considere oportunos para a correcta resolución do trámite.