GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Proxecto de equidistribución

Descrición

No ámbito dos polígonos suxeitos a actuacións de transformación urbanística ou de renovación urbana, executar o planeamento esixe a aprobación do proxecto de equidistribución, cos seguintes efectos:

- Agrupación instrumental de todas as parcelas afectadas (parcelas iniciais ou de orixe) para a súa nova división axustada ao planeamento e a creación de novas parcelas de resultado.

- Adxudicación das parcelas de resultado con aproveitamento lucrativo ás persoas propietarias das parcelas de orixe en proporción á respectiva superficie achegada: fixación das compensacións en metálico que procedan por diferenzas de adxudicación, incluída, se é o caso, a indemnización en metálico para substituír a adxudicación de parcelas.

- Adxudicación ao Concello das parcelas de resultado nas que se concentre a cesión obrigatoria de aproveitamento, así como as parcelas destinadas polo plan a usos dotacionais públicos (rede viaria, zonas verdes, equipamentos, infraestruturas e servizos).

- Subrogación real das parcelas de orixe polas correspondentes de resultado, ou, de ser o caso, pola correspondente indemnización económica.

- Afectación das parcelas de resultado con aproveitamento lucrativo –que no procedan da cesión obrigatoria de aproveitamento- aos gastos precisos para efectuar a completa transformación urbanística do polígono.

Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante . As persoas lexitimadas para solicitalo son:

- No sistema de concerto: 100% da propiedade

- No sistema de cooperación: 25% da propiedade

- No sistema de compensación: a xunta de compensación ou, se esta non está aínda constituída, o 50% da propiedade (neste segundo caso, a aprobación definitiva quedará condicionada á constitución da xunta de compensación)

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación

Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite.

Unidade xestora
Xestión Urbanística
Prazos de resolución
3 meses tanto para as resolucións inicial como a definitiva 1 mes para o sistema de concerto no caso da resolución definitiva
Efecto do silencio Administrativo
Estimatorio
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

RD Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e o seu Regulamento

Autonómica:

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia e o seu regulamento de desenvolvemento

Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración urbanas de Galicia.

 

Información adicional

Información sobre protección de datos

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de Xestión urbanística

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Certificado
Certificación de dominio e cargas das parcelas afectadas (coa anotación de inicio do procedemento de equidistribución)
Declaración responsable de presentación do proxecto de equidistribución
No caso de actuación polo sistema de concerto
Certificado aprobación
Certificación que acredite a sua aprobación pola Entidade ou sociedade constituida ao efecto
No caso de Xunta de Compensación
Acordo inicial
Acordo de aprobación inicial do proxecto
Acreditación expropiación
Acreditación da expropiación ou ocupación dos terreos non incorporados (de ser o caso)
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/