GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Axudas económicas: Renda municipal de garantía básica cidadá e Prestacións de rescate social

Descrición

Prestacións económicas de carácter extraordinario e puntual, subsidiarias e complementarias, destinadas a atender situacións de urxencia sobrevidas que afecten a persoas ou unidades de convivencia, que non poidan facer fronte a necesidades básicas

Conceptos:

-Renda de garantía básica cidadá

-Prestacións para a cobertura de necesidades básicas: manutención, aloxamento, contrato en nova vivenda

-Prestacións de habitabilidade, pobreza enerxética e equipamento básico da vivenda: débedas asociadas a pobreza enerxética, altas en contratos de subministración enerxética en nova vivenda, débeda de comunidade, débeda de aloxamento e equipamento básico

-Prestacións complementarias á dependencia e/ou discapacidade

-Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non obrigatorios

-Prestacións para a saúde buco-dental

-Outros gastos excepcionais

Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento
 
Lugar de presentación

Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite.

Unidade xestora
Servizos Sociais
Prazos de resolución
3 meses
Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
Recursos

Reposición-Contencioso - Contra a resolución recaída poderá presentarse un recurso de reposición diante do mesmo órgano que a ditou ou directamente un recurso contencioso administrativo

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público

Autonómica:

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG núm. 245, do 18 de decembro de 2008 e BOE núm. 15, do 17 de xaneiro de 2009)

Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e a súa financiación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Municipal:

Ordenanza de garantía básica cidadá do concello de Santiago de Compostela (BOP A Coruña 165, do 31 de agosto de 2016)

Bases de execución do orzamento do Concello de Santiago de Compostela

Información adicional

Información sobre protección de datos

Cómpre indicar que a renda municipal e as prestacións de rescate social para a cobertura de necesidades básicas son incompatibles entre sí. No resto dos casos, si son compatibles

Documentación relacionada
Anexo 2 BS007 Declaración responsable sobre a imposibilidade de presentar documentación

Anexo 3 BS007 Declaración responsable de convivencia

BS007 Solicitude

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Documento de identidade dos restantes membros da unidade de convivencia
Contrato de cesión de dereitos do cobro da prestación, se procede
Contrato de aluguer ou do préstamo hipotecario, e xustificantes dos 3 últimos meses de pagamento, se é o caso
Informe médico, se é o caso
Informes médicos actualizados no caso de que a persoa solicitante e os familiares que formen a unidade de convivencia necesiten xustificar a necesidade ou conveniencia da axuda, se é o caso
Certificado de grao de discapacidade e/ou dependencia, se é o caso
Certificado escolarización
Certificado do centro escolar que acredite a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos menores que estean en idade obrigatorio de escolarización, se é o caso
Certificado bancario
Certificación bancaria do número de conta con IBAN, da que será titular a persoa solicitante, onde desexe que lle ingresen a prestación
Xustificante do gasto ou orzamento, nos casos que proceda, para o que solicita a prestación referente á axuda de rescate social (especificar segundo o concepto).
Declaración responsable sobre imposibilidade de presentación de documentación (anexo 2), se procede
Declaración responsable sobre a imposibilidade de presentar documentación, só no caso de que algúns dos documentos requiridos non poidan presentarse por impedimentos legais ou administrativos alleos á persoa solicitante
Xustificante de ingresos económicos de tódolos membros da unidade de convivencia procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan, por medio dalgunha da seguinte documentación (a que proceda) dos últimos 3 meses:
Xustificante de pensión, prestación, subsidio, nómina, etc.
Xustificante de estar en situación de desemprego e de percepción ou non de prestacións, de ser o caso.
Declaración de patrimonio, no caso de non autorizar a súa consulta, ou xustificante do valor catastral do patrimonio (recibo de IBI)
Extractos bancarios de movementos das contas bancarias correspondentes aos tres meses anteriores á solicitude da prestación pertencentes a todas as persoas que formen a unidade familiar
Declaración responsable de ingresos no caso de non poder acreditar documentalmente algún deles
Resolución denegatoria da RISGA, se é o caso
No caso de separación ou divorcio:
Sentenza de separación ou divorcio, convenio ou documento regulador das relacións paterno-filiais, de ser o caso
Xustificantes das achegas económicas establecidas na dita sentenza ou no convenio regulador ou, se non existe, denuncia por incumprimento da sentenza ou demanda de execución
Se existen relacións permanentes análogas á conxugal, acreditaranse por calquera das formas seguintes:
Con rexistro: certificación do Rexistro de Parellas de Feito da Comunidade Autónoma de Galicia ou autorización ao Concello para a consulta electrónica ou por outros medios dos datos de convivencia
Sen rexistro: para convivencia de feito sen inscrición rexistral, declaración responsable das persoas integrantes da parella (anexo 3), ou copia compulsada de resolución xudicial que acredite a convivencia de feito
Nos supostos de violencia de xénero ou doméstica:
Certificado ou resolución do organismo competente, no caso de recibir remuneración pola dita situación, indicando a súa contía. Orde de protección en vigor ou calquera outro dos medios previstos na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro
Certificado ou resolución do organismo competente, no caso de recibir remuneración pola dita situación, indicando a súa contía. Orde de protección en vigor ou calquera outro dos medios previstos na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero ou na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
Documentación a presentar no caso de non autorizar ao Concello de Santiago de Compostela a obtela
Declaración da renda, ou no seu caso certificado negativo de imputacións do IRPF
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/