GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Comunicación para utilizar fogos de artificio

Descrición
Espectáculos pirotécnicos
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento
 
Lugar de presentación

Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite.

Por razón de urxencia da actuación, a maior parte das solicitudes de intervención realízanse telefonicamente: - Para Intervención dos servizos de extinción de incendio e salvamento: 112 / 080 - Outras intervencións: 981542444 / 981542300

Unidade xestora
Extinción de Incendios
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Real Decreto 989/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería.

Instrución técnica complementaria número 8 que desenvolve o Regulamento de artigos pirotécnicos.

Información adicional

Información sobre protección de datos

INSTRUCIÓNS XERAIS

A. O impreso pódese cubrir á man (con maiúsculas tipo imprenta) ou electrónicamente, enchendo os campos correspondentes.

B. Unha vez cuberto, cómpre presentalo no Rexistro do Concello de Santiago ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo.

INSTRUCIÓNS PARTICULARES

1. Representante: Se o solicitante é unha persoa xurídica (asociación, comisión de festas etc.) deberán cubrirse obrigatoriamente os datos do representante na solicitude.

2. Deberá acompañar á solicitude unha copia do documento de identidade (NIF/CIF/NIE…)

3. A solicitude deberá presentarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles. Esta comunicación previa non está sometida ao deber de ditar resolución expresa por parte do Concello agás no suposto de que sexa rexeitada. Nestes caso comunicarao á persoa interesada con cinco días de antelación.

Enténdese por:

Entidade organizadora: a persoa física ou xurídica, pública ou privada, que organiza o espectáculo, en solo público ou privado, e que asume perante a Administración e o público a responsabilidade da celebración do espectáculo.

Empresa de expertos: a persoa física ou xurídica titular dun taller de preparación e montaxe que cumpre cos requisitos establecidos na ITC 8 e á que a entidade organizadora encarga a prestación do servizo, incluíndas as operacións de montaxe do espectáculo e a realización do disparo por persoal pertencente á dita empresa.

Experto: persoa vinculada á empresa de expertos que, dispoñendo de carné de experto, realiza as operacións de desembalaxe, montaxe, manipulación e disparo dos artificios pirotécnicos.

Para a tirada de fogos de artificio con materia regulamentada de máis de 100 kg, a solicitude deberase presentar perante a Subdelegación do Goberno da Coruña

Documentación relacionada
Solicitude EI008

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Identificación expertos
Identificación da empresa de expertos que realice o espectáculo
Comunicación Subdelegación
Comunicación presentada na Subdelegación do Goberno da Coruña
Relación de artificios
Relación de artificios pirotécnicos -tipo, número e cantidade por artificio e polo total do conxunto- e tempo previsto para cada sección ou conxunto homoxéneo
Certificación seguro
Certificación de compañía aseguradora ou axencia de seguros sobre a póliza de responsabilidade civil asinada pola empresa de expertos, que cubra a realización do espectáculo solicitado e, como mínimo, un capital de 754.764 € de responsabilidade civil
Plano cartográfico
Plano da cartografía municipal do lugar do disparo
No caso de materia regulamentada superior a 50kg e igual ou inferior a 100 kg
Plan de seguridade
Plan de seguridade que comprenderá o previsto no apartado 5 da ITC e 8 do Regulamento de artigo pirotécnicos (contido de materia regulamentada superior a 50 kg e igual ou inferior a 100 kg)
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/