GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Licenza de actividade.

Descrición
A licenza de actividade habilita para apertura dun establecemento cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco ou cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización e non se trate de espectáculos públicos e actividades recreativas. Será necesaria nova licenza de actividade no caso de cambio de clase de actividade que exixa licenza, cambio de lugar, reforma substancial dos establecementos ou calquera cambio que implique variación que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento. O exercicio da actividade precisará inspección favorable do Concello ou certificación favorable de ECCOM.
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Unidade xestora
Licenzas de Apertura
Prazos de resolución
3 meses.
Efecto do silencio Administrativo
Estimatorio
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Autonómica:

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia.

Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Municipal:

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Ordenanza Xeral Municipal reguladora da emisión e recepción de ruidos, vibracións e condicións dos locais

Taxa asociada á tramitación

Ordenanza 3.10. Taxa pola aprtura e verificación de establecementos

Información adicional

Información sobre protección de datos

Notas relativas á documentación a presentar:

Proxecto, memoria ou documentación técnica, segundo sexa esixible pola natureza da actividade, redactado por técnico competente.

Incluirá a seguinte documentación:

Declaración do interesado, asinada por técnico competente, relativa ao cumprimento dos requisitos legais para o exercicio da actividade e de que o local reúne as condicións de seguridade, salubridade e demais esixidas pola normativa aplicable.

Declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor do proxecto contendo os seus datos persoais e profesionais e acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño

Solicitude LI024

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Certificacións
Título de ocupación do local: Documento acreditativo da dispoñibilidade do local no que se vai desenvolver a actividade (contrato de compra, arrendamento, etc).
Proxecto
Proxecto, memoria ou documentación técnica
Autorizacións
Designación da persoa física ou xurídica que asuma a responsabilidade técnica da execución do proxecto/ memoria técnica e acredite a adecuación do establecemento á licenza que se outorgue.
Fotografías
Fotografías de todas as fachadas e do interior do local asinadas polo interesado e o técnico redactor do proxecto/ memoria técnica.
Autorizacións sectoriais
Autorizacións sectoriais: Autorizacións ou concesións administrativas que resulten esixibles pola normativa sectorial aplicable.
Plan de emerxencia/ autoprotección
Plan de emerxencia/ autoprotección: plan de emerxencia ou autoprotección, segundo resulte esixible de acordo coa normativa aplicable.
Estudo de impacto acústico
Estudo de impacto acústico: se resulta esixible de acordo coa normativa aplicable.
Dispositivo de asistencia sanitaria
Dispositivo de asistencia sanitaria: se resulta esixible de acordo coa normativa aplicable.
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño
Documento de autoliquidación da taxa correspondente
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/