GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Licenza de obras para actividades ou para espectáculos públicos ou actividades recreativas

Descrición
Solicitar ao Concello autorización para a execución de obras para a organización de espectáculos públicos ou actividades recreativas ou para a adecuación dun local para o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas. Unha vez rematadas as obras deberase presentar declaración responsable para o desenvolvemento da actividade.
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Unidade xestora
Licenzas de Apertura
Prazos de resolución
3 meses.
Efecto do silencio Administrativo
Estimatorio
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Autonómica:

Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia.

Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Municipal:

Ordenanza Xeral Municipal reguladora da emisión e recepción de ruidos, vibracións e condicións dos locais

Taxa asociada á tramitación

Información sobre protección de datos

<É necesario licenza de obra nos casos de:

<Edificacións que precisen proxecto de obras de edificación segundo o artigo 2.2. a) da lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación (obra nova; alteración da configuración arquitectónica, e dicir intervención total ou parcial que produza unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, o conxunto do sistema estrutural ou teña por obxecto cambiar os uso característicos do edificio; obra en edificacións con protección ambiental ou histórico –artístico se teñen carácter total ou parcial que afecte as partes obxecto de protección ex. Obras en Camiño de Santiago ou perímetro azul que afecte ao exterior da edificación).

 

Información adicional

Información sobre protección de datos

<É necesario licenza de obra para:

<Edificacións que precisen proxecto de obras de edificación segundo o artigo 2.2. a) da lei 38/1999 de ordenación da edificación (obra nova; alteración da configuración arquitectónica ou teña por obxecto cambiar os uso características do edificio; obra en edificacións con protección ambiental ou histórico –artístico ).

Notas relativas á documentación a presentar:

1. Proxecto técnico de obra. Requisitos:

Contido segundo Anexo I da Parte I do CTE e Anexo 1 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa:

Memoria urbanística: xustificación das condicións esixidas polo Plan Xeral e, no seu caso, as solucións propostas para o tapado de medianeiras ou solución de problemas derivados destas.

Xustificación do cumprimento das esixencias básicas do CTE. Deberá xustificarse que o local, tras as obras, será apto para o novo uso de acordo coa normativa aplicable, con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico e seguridade contra incendios para o uso pretendido.

Plano a escala 1:2000 da cartografía oficial indicando a situación da edificación.

Plano a escala mínima 1:500 de localización do local.

Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Estudo de xestión de residuos segundo o R.D. 105/2008.

Estudo (ou estudo básico, se procede) de seguridade e saúde, segundo o R.D. 1627/1997.

Edificacións situadas no ámbito do PE-1, no perímetro azul do PXOM vixente ou dos Camiños de Santiago: memoria xustificativa do cumprimento das condicións estéticas.

Proxectos sen visado colexial: achegarase declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor do proxecto acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

2. Documento técnico da actividade:

Proxecto, memoria ou documentación técnica, redactado por técnico competente.

Incluirá:

Descrición das características da actividade, das instalacións e maquinaria, coas súas condicións técnicas, así como as medidas correctoras que se aplicarán segundo a natureza da actividade e instalacións previstas.

Tratándose de espectáculos e actividades recreativas, describirase o establecemento, o tipo de espectáculo e aforo máximo.

Declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

No caso de implantarse instalacións: declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan e certificado de instalación de baixa tensión de conexión coa rede.

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño

Solicitude LI027

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Plan de emerxencia ou autoprotección
Plan de emerxencia ou autoprotección, segundo de acordo coa normativa aplicable.
Dispositivo de asistencia sanitaria
Dispositivo de asistencia sanitaria: se resulta esixible de acordo coa normativa aplicable.
Documento acreditativo da dispoñibilidade do local no que se vai desenvolver a actividade
Título de ocupación do local: Documento acreditativo da dispoñibilidade do local no que se vai desenvolver a actividade (contrato de compra, arrendamento, etc).
Autorizacións sectoriais
Autorizacións sectoriais: Autorizacións ou concesións administrativas que resulten esixibles pola normativa sectorial aplicable.
Proxecto técnico
Proxecto técnico de obra
Oficio de dirección de obra
Oficio de dirección de obra.
Documento técnico
Documento técnico da actividade
Informe
Estudo de impacto acústico: se resulta esixible de acordo coa normativa aplicable.
Fotografías
Fotografías de todas as fachadas e do interior do local asinadas polo interesado e o técnico redactor do proxecto/ memoria técnica.
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño
Documento de autoliquidación da taxa correspondente
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/