GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Declaración responsable para o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas sen obras.

Descrición
Comunicar ao Concello a organización de espectáculos públicos ou actividades recreativas ou a apertura de establecementos nos que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas nos que non resulta necesario facer obras de adecuación. A presentación ante o Concello da declaración responsable cos requisitos exixidos legalmente habilita para o exercicio da actividade dende o momento da súa presentación, sen prexuízo do control posterior da Administración. Tamén debe presentarse a declaración responsable cando se trate da celebración esporádica de espectáculos públicos e actividades recreativas, suxeitas a declaración responsable, en establecementos abertos ao público legalmente habilitados para celebrar un espectáculo público ou actividade recreativa distinta da propia do establecemento. Así mesmo, será necesario presentar unha nova declaración responsable no caso de modificación da clase de actividade recreativa ou espectáculo público, cambio de lugar, reforma substancial dos establecementos ou calquera cambio que implique variación que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Unidade xestora
Licenzas de Apertura
Prazos de resolución
3 meses a declaración de ineficacia.
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Autonómica:

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia.

Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Municipal:

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Ordenanza Xeral Municipal reguladora da emisión e recepción de ruidos, vibracións e condicións dos locais

Taxa asociada á tramitación

Ordenanza 3.10. Taxa pola aprtura e verificación de establecementos

Información adicional

Información sobre protección de datos

<Poderá ser declarada a ineficacia por estas causas:

Notas relativas á documentación a presentar:

1. Proxecto, memoria ou documentación técnica, segundo sexa esixible pola natureza da actividade, redactado por técnico competente, que permita coñecer o seu obxecto e adecuación á normativa urbanística e sectorial aplicable.

Incluirá a seguinte documentación:

Descrición do establecemento, do tipo de espectáculo e aforo máximo.

Declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor do proxecto contendo os seus datos persoais e profesionais e acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Declaración relativa ao cumprimento dos requisitos técnicos e administrativos necesarios para o exercicio da actividade e de que o local reúne as condicións de seguridade, salubridade e demais esixidas polas normativa aplicable.

2. Montaxe de estruturas permanentes e non desmontables: En caso de precisar a montaxe de estruturas permanentes e non desmontables:

Marcado e declaración CE da estrutura:

Documentación da declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características.

Certificado de instalación de baixa tensión de conexión coa rede.

Designación da persoa física ou xurídica que asuma a responsabilidade técnica da montaxe das estruturas e instalacións.

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño

Solicitude LI023

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Proxecto
Proxecto, memoria ou documentación técnica
Certificado de illamento acústico
Certificado de illamento acústico: certificación expedida por técnico ou entidade competente de illamento acústico ou declaración responsable nos supostos previstos no art. 11.3 do Decreto 106/2015 para niveis de emisión sonora iguais ou inferiores a 75 dBA.
Designación da persoa física ou xurídica
Designación da persoa física ou xurídica que asuma a responsabilidade técnica da execución do proxecto/ memoria técnica e acredite a adecuación do establecemento á licenza que se outorgue.
Autorizacións
Autorizacións sectoriais: Autorizacións ou concesións administrativas que resulten esixibles pola normativa sectorial aplicable.
Documentación Montaxe de estruturas
Documentación no caso de Montaxe de estruturas permanentes e non desmontables
Seguro de responsabilidade civil
Seguro de responsabilidade civil (en espectáculos públicos e actividades recreativas): copia da póliza do seguro de responsabilidade civil obrigatorio e xustificante do pago das primas correspondentes.
Fotografías
Fotografías de todas as fachadas e do interior do local asinadas polo interesado e o técnico redactor do proxecto/ memoria técnica.
Título
Documento acreditativo da dispoñibilidade do local no que se vai desenvolver a actividade (contrato de compra, arrendamento, etc).
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño
Documento de autoliquidación da taxa correspondente
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/