GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Licenza de obra maior e demolición

Descrición
Actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación ou demolición.
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Unidade xestora
Licenzas de Obra
Prazos de resolución
3 meses
Efecto do silencio Administrativo
Estimatorio
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público.

Autonómica:

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia.

Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Municipal:

Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Taxa asociada á tramitación

Ordenanza 1.04 imposto sobre construcións, instalacións e obras

Ordenanza 3.07 taxa pola expedición de documentos administrativos

Ordenanza 3.09 taxa polas licenzas e outros servizos urbanísticos

Información adicional

Información sobre protección de datos

O proxecto técnico debe conter:

O establecido no Anexo I da Parte I do CTE e no Anexo 1 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa:

Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polo Plan Xeral e, no seu caso, as solucións propostas para o tapado de medianeiras ou solución de problemas derivados destas. Se procede, xustificará as condicións mínimas de habitabilidade reguladas na normativa autonómica, as condicións de vivenda exterior, as do cálculo de superficies edificables e que se axusta ao dereito edificatorio.

Plano a escala 1:2000 da cartografía oficial no que se sitúe a parcela ou edificación.

Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, que se reflectirá sobre plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros que os fixados polos técnicos municipais.

Plano topográfico a escala mínima 1:500, con curvas de nivel con equidistancias dun metro, recollendo a edificación e arborado existentes.

Plano de localización a escala mínima 1:500 no que se acouten as distancias das edificacións proxectadas ao eixo da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros así como o ancho das vías de acceso. Indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

Seccións da parcela coa edificación proxectada, a escala mínima 1:500 no que se indique o estado actual do terreo, da cota de referencia e da planimetría teórica. A cota de referencia deberá figurar nos planos dos alzados coa xustificación do cumprimento da altura máxima.

Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Obras de urbanización e edificación simultánea: planos e memoria con indicación da urbanización dos terreos de cesión e reposición de servizos seguindo as indicacións da acta de liña e rasante. De ser necesario un proxecto de obras complementarias de urbanización, presentarase para a súa tramitación simultánea.

Obras con escavacións, terrapléns, desmontes ou rebaixes de terras: plano dos perfís para apreciar o volume e as características da obra, así como os de detalle precisos que indiquen as precaucións que cómpre adoptar en relación coa propia obra, coa vía pública e cos predios ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.

Edificacións de uso industrial: achegarase proxecto técnico xustificativo ao abeiro do Regulamento de seguridade contra incendios ou da norma que o substitúa.

Edificacións situadas no ámbito do PE-1 (Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica), no perímetro azul do PXOM vixente ou dos Camiños de Santiago, edificacións declaradas BIC (Bens de Interese Cultural) ou edificios catalogados polo PXOM: memoria xustificativa do cumprimento das condicións estéticas.

Orzamento desagregado.

Proxecto básico e de execución, ademais incluirá:

Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado de acordo co R.D. Lei 1/1998 (edificios con división horizontal).

Estudo de seguridade e saúde e de xestión de residuos

Oficio de dirección da execución da obra

Obras de demolición: achegarase proxecto visado polo colexio profesional.

Proxectos sen visado colexial: achegarase declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño

Solicitude LI013

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Proxecto Técnico
Escritura pública de cesión ao concello do solo situado fóra das aliñacions.
Escritura pública de cesión ao concello do solo situado fóra das aliñacions. Deberá estar inscrita no Rexistro da Propiedade cando se realicen cesións de solo ao concello ou existan condicións suxeitas a inscrición rexistral
Fotografías: do solar ou edificación no que se aprecien os lindeiros
Fotografías: do solar ou edificación no que se aprecien os lindeiros. Nas edificacións entre medianeiras incluirá as fachadas dos edificios lindeiros
Oficio de dirección de obra
Cuestionario estatístico de edificación
Cuestionario estatístico de edificación: segundo o modelo oficial aprobado polo Ministerio de Fomento
Autorizacións sectoriais
Autorizacións sectoriais: autorizacións ou concesións administrativas que resulten esixibles pola normativa sectorial aplicable
Compromiso
Obras en comunidades de patios ou garaxes ou de construción de edificacións apegadas a lindeiros (se procede): - Conformidade para a obra da comunidade de patios ou garaxes. - Compromiso do propietario da parcela, a cuxo linde se apega edificación para a que se solicita licenza, de apegar a esta edificacións futuras.
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño
Documento de autoliquidación da taxa correspondente
Documentación de representación
Acreditación da representación
Documento de identidade de representacion
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/