GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • A Sede
    • Coñece a sede
    • Normativa
    • Política de privacidade
    • Calendario oficial
    • Data e hora oficiais
    • Accesibilidade
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturais e cívicos
    • Circulación e seguridade cidadá
    • Educación, cultura, deporte e mocidade
    • Emprego público e recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidade e consumo
    • Padrón de habitantes
    • Persoal Concello
    • Reclamacións e recursos
    • Relacións veciñais
    • Servizos
    • Servizos sociais e igualdade
    • Subvencións e outros trámites
    • Transparencia e participación cidadá
    • Tributos e tesourería
    • Urbanismo
    • Ver todos os trámites
    • Achega de documentación
  • Información de interese
    • Taboleiro de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de emprego
    • Queixas e suxestións
    • Perfil do contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda á cidadanía
    • Axuda Sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Persoal
    • Visión global
    • Datos persoais
    • Certificado de empadroamento
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Arquivo de documentos
    • Consentimento notificacións electrónicas
    • As miñas notificacións
    • Alta de autoliquidacións
    • As miñas autoliquidacións
    • Recibos
    • Obxectos tributarios
    • Fraccionamentos
    • Certificados de débedas
    • Portasinaturas

Comunicación previa de obras para o desenvolvemento de espectáculos público ou actividades recreativas.

Descrición
Comunicar ao Concello cun prazo mínimo de 15 días a execución de obras, das que non se requiren licenza de obra, de adecuación dun local ou establecemento para o exercicio dunha actividade distinta á de espectáculo público ou actividade recreativa. A comunicación ao Concello da execución das obras con todos os requisitos legais habilita ao interesado para o execución das obras, sen prexuízo do control posterior da Administración. O prazo para o inicio e terminación das obras non poderá exceder dos tres meses ou dun ano respectivamente prorrogables pola metade do tempo establecido no caso de comunicación do interesado antes do transcurso do prazo por unha soa vez. Transcorrido o prazo sinalado, o interesado queda inhabilitado para iniciar ou terminar as obras sen prexuízo da posibilidade dunha nova comunicación. Unha vez rematadas as obras deberase presentar declaración responsable ou licenza para o desenvolvemento da actividade. Este procedemento non é aplicable cando as obras precisen de licenza: a) Edificacións que precisen proxecto de obras de edificación segundo o artigo 2.2. a) da lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación (obra nova; alteración da configuración arquitectónica, e dicir intervención total ou parcial que produza unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, o conxunto do sistema estrutural ou teña por obxecto cambiar os uso característicos do edificio; obra en edificacións con protección ambiental ou histórico –artístico se teñen carácter total ou parcial que afecte as partes obxecto de protección ex. Obras en Camiño de Santiago ou perímetro azul que afecte ao exterior da edificación). c) Inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos u paisaxísticos.
Persoas lexitimadas

O interesado, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación
En calquera momento.
 
Lugar de presentación
Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite
Unidade xestora
Licenzas de Apertura
Prazos de resolución
3 meses a declaración de ineficacia.
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Recursos

Consulte os recursos aplicables

 

Normativa reguladora

Estatal:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Autonómica:

Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia.

Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia.

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia.

Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Municipal:

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

Ordenanza Xeral Municipal reguladora da emisión e recepción de ruidos, vibracións e condicións dos locais

Taxa asociada á tramitación

Ordenanza 3.10. Taxa pola apertura e verificación de establecementos

Información adicional

Información sobre protección de datos

<Poderá ser declarada a ineficacia por estas causas:

Notas relativas á documentación a presentar:

1. Proxecto técnico de obra. cumprirá cos seguintes requisitos:

O seu contido será o establecido no Anexo I da Parte I do CTE e na Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa:

Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polo Plan Xeral e, cando sexa esixible, memoria e planos xustificativos do cumprimento da normativa estética nas fachadas.

Xustificación do cumprimento das esixencias básicas do CTE. Xustificarase que o local, tras as obras, será apto para o novo uso de acordo coa normativa aplicable a este, con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico e seguridade contra incendios.

Plano a escala 1:2.000 da cartografía oficial de Santiago de Compostela sinalando a situación da edificación.

Plano a escala 1:500 de localización do local.

Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Proxectos sen visado colexial: achegarase declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor do proxecto contendo os seus datos persoais e profesionais e acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

2. Documentación técnica da actividade:

Proxecto, memoria ou documentación técnica, segundo sexa esixible pola natureza da actividade, redactado por técnico competente, que permita coñecer o seu obxecto e adecuación á normativa urbanística e sectorial aplicable.

Incluirá a seguinte documentación:

Descrición do establecemento, do tipo de espectáculo e aforo máximo.

Declaración responsable ou certificación colexial do técnico redactor do proxecto contendo os seus datos persoais e profesionais e acreditando que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Documentación relacionada
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño

Solicitude LI021

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude
Proxecto
Proxecto técnico de obra
Informe
Documentación técnica da actividade
Certificacións
Título de ocupación do local: Documento acreditativo da dispoñibilidade do local no que se vai desenvolver a actividade (contrato de compra, arrendamento, etc).
Fotografías
Fotografías de todas as fachadas e do interior do local asinadas polo interesado e o técnico redactor do proxecto/ memoria técnica.
Oficio
Oficio de dirección de obra.
Autorizacións
Autorizacións sectoriais: Autorizacións ou concesións administrativas que resulten esixibles pola normativa sectorial aplicable.
Declaración CE
Documentación da declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características e certificado de instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
Designación de responsable
Designación da persoa física ou xurídica que asuma a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
Declaración responsable presentación de documentos de gran tamaño
Documento de autoliquidación da taxa correspondente
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación da representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/