GAGalego ESCastelán
Identifícate
  • Menu
✕
  • La Sede
    • Conoce la sede
    • Normativa
    • Política de privacidad
    • Calendario oficial
    • Fecha y hora oficiales
    • Accesibilidad
    • Aviso legal
  • Trámites
    • Centros socioculturales y cívicos
    • Circulación y seguridad ciudadana
    • Educación, cultura, deporte y juventud
    • Empleo público y recursos humanos
    • Medio ambiente, sanidad y consumo
    • Padrón de habitantes
    • Personal Ayuntamiento
    • Reclamaciones y recursos
    • Relaciones vecinales
    • Servicios
    • Servicios sociales e igualdad
    • Subvenciones y otros trámites
    • Transparencia y participación ciudadana
    • Tributos y tesorería
    • Urbanismo
    • Ver todos los trámites
    • Aportación de documentación
  • Información de interés
    • Tablón de anuncios
    • Normativa municipal
    • Oferta pública de empleo
    • Quejas y sugerencias
    • Perfil del contratante
    • Factura electrónica
    • Calendario fiscal
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Sistemas de firma
    • Enlaces de interés
  • Ayuda a la ciudadanía
    • Ayuda sede
    • Preguntas frecuentes (FAQs)
    • Verificar un documento
  • Área Personal
    • Visión global
    • Datos personales
    • Certificado de empadronamiento
    • Anotaciones en el registro
    • Expedientes
    • Buzón de documentos
    • Consentimiento notificaciones electrónicas
    • Mis notificaciones
    • Alta de autoliquidaciones
    • Mis autoliquidaciones
    • Recibos
    • Objetos tributarios
    • Fraccionamientos
    • Certificados de deudas
    • Portafirmas

Axuda no Fogar na modalidade de libre concorrencia

Descrición

Servizo municipal que ten por obxecto prestar atencións ás persoas no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no entorno habitual, sempre e cando isto sexa adecuado. As prestacións que comprende o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) poden ser as seguintes:
A).– Atencións de carácter persoal: asistencia para levantarse e deitarse, tarefas de coidado e hixiene persoal, vestiario, apoio na alimentación, apoio para mobilizacións e/ou apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
B).– Atencións de carácter doméstico e da vivenda: limpeza e mantemento básico, compra de alimentos e produtos de uso común, preparación de alimentos e/ou lavado e coidado de roupa e enxoval doméstico.
C).– Acompañamento persoal na realización de actividades complementarias: apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial, sanitario, etc.
D).– Servizos de carácter complementario: préstamos de axudas técnicas, podoloxía e/ou perruquería.

Persoas lexitimadas

Persoa interesada, directamente ou a través de representante

Prazos de presentación

En calquera momento

 
Lugar de presentación

Acuda á oficina en materia de rexistro que corresponda segundo a unidade tramitadora coa documentación esixida para realizar o trámite.

Unidade xestora

Servizos Sociais

Prazos de resolución

3 meses

Efecto do silencio Administrativo
No procede

Desestimatorio

Recursos

Consulte os recursos aplicables

Normativa reguladora

Estatal:
•    Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE nº 80, de 3 de abril de 1985).
•    Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (BOE 236, de 2 de outubro de 2015).
•    Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE 236, de 2 de outubro de 2015).


Autonómica:
•    Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 245, de 18 de decembro de 2008 e BOE nº 15, de 17 de xaneiro de 2009).
•    Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº 22 do 2/02/2009
•    Decreto 254/2011, do 23 de decembro, que regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG nº 14 do 20/01/2012)
•    Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e a súa financiación (DOG nº 63, de 30 de marzo de 2012).


Municipal:
•    Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela vixente de 7 de Febreiro de 2014.  Pleno de 30 de xaneiro de 2014, (BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2014).

•    Ordenanza fiscal nº 3.30 do Concello de Santiago de Compostela

Taxa asociada á tramitación

Ordenanza 3.30 Taxa pola prestación del servicio de ayuda en el hogar

Información adicional

Información sobre protección de datos

Documentación relacionada
Solicitude BS022 Servizo de axuda no fogar

Nivel de identificación de quen o solicita
Substancial:
Acceso mediante sistema Cl@ve
Documentación a achegar
Documentación requirida
Solicitude BS022
Documento oficial de identidade
DNI/NIE da persoa interesada e dos restantes membros da unidade de convivencia maiores de idade (obrigatoria)
Tarxeta sanitaria
Tarxeta sanitaria das persoas susceptibles de ser beneficiarias do servizo
Informe das condición de saúde
Xustificantes de ingresos económicos
Xustificantes de ingresos económicos de tódolos membros da unidade de convivencia procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan, por medio dalgunha da seguinte documentación
Xustificante de pensión, prestación, subsidio, nómina
Declaración da renda
Declaración da renda, ou no seu caso certificado negativo de imputacións do IRPF, no caso de non autorizar a súa consulta
Xustificante de estar en situación de desemprego
Xustificante de estar en situación de desemprego e de percepción ou non de prestacións, de ser o caso
Declaración de patrimonio
Declaración de patrimonio, no caso de non autorizar a súa consulta, ou xustificante do valor catastral do patrimonio (recibo de IBI)
Xustificante do número de conta bancaria
Xustificante do número de conta bancaria, con IBAN e a identificación da persoa titular
Resolución de discapacidade e/ou dependencia
Resolución de discapacidade e/ou dependencia (de selo caso)
Documentación de representación
Documento de identidade de representacion
Acreditación de representación
  • Tramitación Online
    • Acceso con Autofirma
    • Acceso con Cl@ve
  • Tramitación Presencial
Concello de Santiago de Compostela - Centro de Atención ás Persoas Usuarias da Administración Electrónica
  • Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 981 542 400
  • soporte.sede@santiagodecompostela.gal
  • santiagodecompostela.gal/