Inicio -> Axuda da sede

Axuda da sede

 

Axuda da sede

Estrutura da sede electrónica

A sede electrónica do Concello está deseñada coa seguinte estrutura:

  1. Cabeceira. Inclúe o logo do Concello, o mapa do web, a ligazón ao portal web municipal e as opcións de idiomas.

    2. Lateral dereito. Incorpora unha listaxe de báners ou accesos destacados a servizos da sede electrónica, utilidades e outra información de interese.

    3. Corpo. Amosa todos os servizos da sede electrónica mediante bloques de menús (sobre a sede, persoais e xerais) e servizos electrónicos destacados por tipo.


4: Pé. Inclúe o logo do Concello e accesos directos (aviso legal e protección de datos).

Requisitos e recomendacións técnicas

Para visualizar correctamente a sede electrónica do Concello, deben terse en conta as seguintes recomendacións e requisitos técnicos:

  • Deberá dispoñer dunha resolución mínima de 800 x 600 píxeles.
  • Uso de Javascript para aproveitar toda a funcionalidade do portal, aínda que dispón dunha alternativa para a maioría deste código, para utilizar co Javascript desactivado ou para versións antigas sen soporte de DOM.
  • Para acceder ás páxinas recoméndase utilizar o seguinte navegador:
    • Internet Explorer versión 11 ou superior.
  • Versión de Java 1.8_074 ou superior.

Para acceder aos servizos identificados da sede electrónica debe utilizar algún dos certificados que veñen na listaxe de certificados admitidos.

Se ten problemas con algún servizo da sede electrónica consulte a seguinte páxina de resolución de problemas frecuentes.

Para obter certificados e para imprimir documentos necesita ter instalado un lector de arquivos  PDF como Adobe Acrobat Reader

21 de outubro do 2020