Que é?
O Artigo 41.1 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administraciones públicas, establece o carácter preferente das notificacións por medios electrónicos. En todo caso, realizaranse deste xeito cando a persoa interesada resulte obrigada a recibilas por esta vía.
Por tanto, para aquelas persoas interesadas que non están obrigadas á notificación electrónica teñen carácter voluntario. Estas persoas poderán decidir e comunicar en calquera momento ao Concello de Santiago que as sucesivas notificacións se practiquen ou deixen de practicarse por medios electrónicos.
De acordo co artigo 43.1 da mesma norma, a notificación electrónica debe ser practicada mediante comparecencia na sede electrónica, tanto para o acceso ás notificacións electrónicas derivadas daqueles procedementos aos que voluntariamente decidira subscribirse como para aqueles nos que a notificación electrónica sexa obrigatoria.
No caso das persoas usuarias obrigadas polo artigo 14.2 de la Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, este será o medio de notificación empregado debido á obriga de relacionárense por medios electrónicos coas administracións públicas.
Este servizo cumpre coas máximas garantías de confidencialidade, autenticidade e privacidade co fin de asegurar a identidade das participantes e a seguridade das comunicacións.
Que necesito?
- Para utilizar este servizo é necesario dispoñer dun documento de identidade electrónico ou dun certificado dixital recoñecido e incluído na listaxe de certificados admitidos.
- Debe ter en conta os requisitos técnicos e as recomendacións recollidas na páxina de axuda da sede.
- En caso de ter problemas con este servizo, consulte a páxina de resolución de problemas frecuentes.
- Subscribirse ao servizo
Como dou o meu consentimento para a subscrición ou baixa das notificacións electrónicas?
Accedendo ao servizo de consentimento para a subscripción ou baixa de notificacións electrónicas
Como funciona?
Cada vez que se poña ao seu dispor unha notificación electrónica, o Concello enviaralle un correo electrónico informativo ao enderezo que vostede indicou. Teña en conta que esta mensaxe só ten efectos informativos.