De acordo co artigo 38.6 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, o acceso a esta sede electrónica protocolízase utilizando un certificado de sede para asegurar que as relacións coa cidadanía se realizan a través dunha canle segura e dunha oficina pública recoñecida e non permiten a intrusión mal intencionada de terceiras persoas.
Para verificar a validez do certificado desta administración pode utilizar o servizo Valide que o Ministerio de Presidencia ten habilitado para isto.
Unha vez acceda ao servizo siga as seguintes instrucións:
- Acceda á opción “validar sede electrónica"
2. Introduza o enderezo da nosa sede
3. Introduza o código de seguridade que se mostra
4. Pulse sobre o botón “validar”